Un pincho con raíces na Limia gaña o concurso "Sabores de Primavera" de Ourense

mascara 2
Un pincho con raíces na Limia gaña o concurso "Sabores de Primavera" de Ourense

"Máscara" é o nome co que dous cociñeiros lle fan unha homenaxe culinaria ó Entroido

O establecemento de hostalería "La estación de Loman" situado en Ourense, ven de gañar o concurso "Sabores de Primavera" cun pincho inspirado no Entroido.

Máscara é o nome co que Ángel Canal e Juan Varela plasman a Lima nun prato. A composición parte dun semicono de orella de Entroido con terneira da Limia acompañado dunha ricota de leite de ovella tamén da comarca, todo bañado por unhas bágoas de viño elaborado pola zona.

Con esta receita limiá presentáronse ó concuros culinario no que participaron 39 locais da cidade das Burgas. Finalmente o xurado falou a favor de "La estación de Loman" pondo en auxe os produtos da Limia.

O negocio é coñecido en Ourense polas súas hamburguesas e agora serao a maiores por elaborar "Máscara" todo un recoñecemento ó Entroido de Xinzo de Limia e ós alimentos da comarca.