A piscina climatizada de Xinzo incorpora unha grúa para persoas con mobilidade reducida

grua
A piscina climatizada de Xinzo incorpora unha grúa para persoas con mobilidade reducida

A loita foi longa pero finalmente a Deputación de Ourense deu o visto bo para que as persoas con mobilidade reducida poidan acudir á piscina interior de Xinzo.

A grúa instalouse nun dos laterais da piscina. O coste foi duns 4.500 euros aportados polo ente provincial.

Dende Limisi Diversidade Funcional sinalaron que "era de dereito ter unha piscina accesible e xa estamos un pasiño máis adiante de conseguilo completamente". Destacan que seguirán loitando pola igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidad universal.