As piscinas abrirán o día 1º de xullo
Parece que este ano as obras de posta en funcionamento das piscinas de verán levan un pequeno retraso polas obras que se están a levar a cabo nas mesmas, e que por varios motivos, incluídos os atmosféricos van un pouco retrasadas. Aínda así Rafa Penabad conta coa promesa da empresa de que rematarán este venres. Logo quedará a limpeza e enchelas de auga.
VARIAS NOVIDADES PARA ESTA TEMPADA DE VERÁN

Dúas son as novidades que traerá o funcionamento das piscinas este verán. A primeira delas e que a partir deste ano o concello non sacará a concurso a explotación das mesmas a unha empresa externa, unicamente a explotación do bar.
A segunda e máis importante e que as labores de mantemento, socorristas e xestión de entradas serán levadas a cabo polo persoal que xa traballa nas piscina climatizada, co que o aforro será grande. Estes quixeron axudar nas piscinas exteriores e isto levará consigo que non haberá esa escaseza de socorristas que si que se pode dar noutros concellos.
PECHE DA PISCINA CLIMATIZADA
Este verán as piscinas climatizadas pecharán xullo e agosto.
Nesta tempada tentarase facer actividades, como o aquagym, para animar á xente a que desfrute da piscina.