martes 19/10/21
Verán

As piscinas exteriores de Xinzo abren este sábado

Semella que o verán comeza a se aproximar á Limia.

2016061420090123715
Imaxe das piscinas exteriores municipais.

Chega o verán, e con el o bo tempo e os chapuzóns! Este sábado, a partir das 12:00 horas, as instalacións das piscinas municipais exteriores abren ao público cos mesmos prezos que en anteriores campañas.

A explotación do servizo –que inclúe mantemento e cafetería– será a cargo da única empresa que se presentou ao concurso público, con grande experiencia na xestión de piscinas municipais na provincia de Ourense.

O horario será, ata o 23 de xuño, o seguinte:

- De luns a venres: de 16:00 a 20:30 horas

- Sábados e domingos: de 12:00 a 20:30 horas

Trañp 23 de xuño, que acaban as clases en colexios e institutos, o horario de apertura será continuo de 12:00 a 20:30 horas, todos os días da semana.

Comentarios