Pistoletazo definitivo de saida a ampliación do Parque Empresarial de Xinzo

Visita Parque Empresarial Xinzo de Limia
Pistoletazo definitivo de saida a ampliación do Parque Empresarial de Xinzo
Saen a licitación as obras nas que a Xunta investira´3,8 millóns de euros

- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado da alcaldesa, Elvira Lama, o parque empresarial de Xinzo de Limia, onde informou da publicación no día de hoxe do anuncio de licitación das obras de ampliación deste complexo industrial, no que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vai investir 3,8 millóns de euros.

Obras de ampliación

O parque empresarial existente en Xinzo de Limia está composto por terreos urbanizados e desenvolvidos en dous sectores (1 e 2) polos correspondentes plans parciais de ordenación. As parcelas lucrativas deste parque están todas adxudicadas polo que non existen parcelas dispoñibles.

031121 Visita Parque Empresarial Xinzo de Limia 1A ampliación do parque empresarial en servizo a través do proxecto sectorial vixente prevé a urbanización dos terreos contiguos a devanditos sectores 1 e 2, abarcando unha superficie de 695.860 m2. A primeira modificación do proxecto sectorial remite a unha nova programación da xestión e da execución da totalidade do ámbito en cinco polígonos independentes.

A primeira fase da ampliación que se executa é a do polígono núm. 2, que conta cunha superficie bruta ordenada de 117.418 m2, que se distribuirán en 22 parcelas de uso lucrativo, concretamente 19 de uso industrial – comercial (66.445 m2) e 4 de uso terciario (20.076 m2).

A obra de urbanización deste polígono núm. 2 do PS do PE de Xinzo Limia sae a concurso por un importe de 3.604.826,44 I.V.E. excluído e conta cun prazo de execución de 9 meses dende a sinatura do contrato de adxudicación.

Igualmente, saen a concurso os contratos de dirección facultativa e control de calidade das devanditas obras de urbanización por un importe de 88.000,00 € máis IVE e 65.717,44 € máis IVE, respectivamente.