O plan de regadío da Limia segue o seu curso

330
O plan de regadío da Limia segue o seu curso

Unha das noticias esperadas foi a de que os catro zonas de regadío faranse simultaneamente

Na reunión desta semana estudáronse entre outras cousas as alegacións presentadas. Dúas en sentido positivo e unha da SGHN, solicitando algunhas accións de cara a preservación de unha planta que solo se da na conca do Limia.

Esta semana levouse a cabo unha reunión urxente da comisión de seguimento do plan de regadío da Limia no que están integrados as catro comunidades de regantes, os alcalde dos concellos que acollen os terreos afectados, Antonio Pérez (Xinzo de Limia) , Susana Vázquez (Porqueira) e Emilio Pazos (Trasmiras ), así como os representantes dos organismos (Goberno Central e Xunta), así como os técnicos das dúas administracións implicadas , os da CHMS e a empresa que está a redactar o proxecto o proxecto Tragsa.

331Segundo manifestaron os responsábeis da Consellería de Medio Rural, esperan que os primeiros traballos efectivos comecen no 2018 e que duren aproximadamente dous anos.

Segundo sinalaron dende a Consellería de Medio Rural, durante estes días estivo sometido a exposición pública o correspondente estudo de impacto ambiental ao que deberán someterse os futuros proxectos da obra a levar a cabo.

20 millóns de euros, presuposto aproximado

Da cantidade total do investimento que rondará os 20 millóns de euros o 80% será achegado polas administración Autonómica e Central e o outro 20 % por as comunidades de regantes. Os agricultores afectados manifestaron o seu pleno acordo coa parte que lles corresponde. A achega do Goberno Central podería ser a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil –(CHMS)

A próxima reunión da comisión está previsto celebrala no mes de setembro.

as alegacións presentadas