Pleno das taxas

plennario xinzo. foto OuD
Pleno das taxas

Sube o IBI e o lixo, e baixa a auga e o saneamento

Todos en contra do grupo de goberno, como non podía ser doutra maneira e o PP aproba a suba dos impostos de contribución rústica e urbana así como a recollida do lixo. Por outra banda reduce nun 2% a taxa da auga e o saneamento.

Segundo o portavoz do Grupo Popular Sr. López Casas, isto non é nada máis que o cumprimento dos acordos acadados por todos os grupos no seu día no famoso PLAN DE AXUSTE.

Non obstante con estes argumentos BNG ,PSOE, e Anova votaron en contra e os independentes, como ven sendo costume dende fai anos abstivéronse.

No que si estiveron todos de acordo foi en manter para o ano que ven o conservatorio de música aínda entendendo os problemas xurdidos idos para a contratación de profesorado deste ano, froito do aumento de matrícula.