Pleno ordinario do concello de Xinzo

Sesión plenaria 18.05.22
Pleno ordinario do concello de Xinzo
Mañá xoves ás 9:00 no salón de plenos

Mañá xoves ás nove da mañá a corporación local de Xinzo celebrará un pleno ordinario, na que a alcaldesa permite a non presencia dos concelleiros, podendo facelo virtualmente.

A estas alturas, non entendemos como se permite que os concelleiros poidan facelo virtualmente, cando non hai ningunha normativa que impida as reunións.

A orde do día será a seguinte:

1. Aprobación da acta da sesión anterior.

2. Expediente 5978/2022. Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal nº 7, reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros e pola prestación do servizo de tratamento e depuración de augas residuais.

3. Expediente 5979/2022. Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal nº 9, reguladora da taxa pola subministración de auga a domicilio.

4. Expediente 3041/2021. Estudo de detalle en Guntimil:

5. Expediente 6120/2022. Cambio de denominación de rúas e numeración. Urbanización A DEVESA.

6. Expediente 5638/2022. Moción do Grupo Municipal do PP en relación á ocupación de vivendas.

7. Expediente 5748/2022. Moción do Grupo Municipal do PP rúa Curros Enríquez

Rematará a sesión cos rogos e preguntas dos concelleiros da oposición.

Poderán seguir a sesión en directo na conta da https://www.facebook.com/dende.alimia/