Pleno de puro trámite o de onte (xoves) en Xinzo

IMG_0384
Pleno de puro trámite o de onte (xoves) en Xinzo
REDACCIÓN O primeiro foi gardar un minuto de silencio polos mortos da minería de León. O que a priori podería pensarse en...

REDACCIÓN

O primeiro foi gardar un minuto de silencio polos mortos da minería de León.

O que a priori podería pensarse en que fora un pleno crispado, no que ían a subida das ordenanzas fiscales que atinxen ó concello de Xinzo, converteuse unha vez máis nun cara a cara entre o alcalde e os voceiros dos partidos da oposición,en canto ó plan de axuste presentado polo propio Concello, e aprobado para os anos vindeiros por todos, agás o representante independente Sr. Pérez Campos.

Dentro dese plan de axuste incluíase a suba das ordenanzas, polo que o alcalde non entendía que se aprobara aquel plan, e hoxe se votara en contra das subas. Recoñecían todos que as subidas do 0,30% correspondente ao IPC non era abusivo.

Todos non obstante felicitaron ó Concello pola implantación dunha taxa que non existía, para lle poder cobrar ós bancos polos caixeiros das rúas.  Neste punto o representante do BNG, dubidaba  da súa eficacia, posto que supón que en canto as entidades bancarias o saiban, meterán os caixeiros dentro, co cal a recadación non se poderá levar a cabo.

 Mocións relativas ao copago sanitario 

Un dos puntos que máis polémica levantou foron as mocións presentadas polos membros da oposición na que se instaba ó goberno local para que se manifestase en contra da normativa de copago para certos medicamentos extrahospitalarios para enfermos crónicos, e que ademais se fixera cargo, como xa se manifestaron outros concellos de Galicia do pago desa cantidade.

 A resposta do grupo de goberno foi votar en contra da moción, posto que o Concello xa ten un fondo de emerxencia dentro do departamento de servicios sociais dende o que xa se lle axuda  a aquelas familias que non se poden  facer cargo do pago, non só dos medicamentos, senón doutras cousas. O resto sería inviable, se non se dicía de que departamento terían que sacar os cartos que se empregarían  para ese pago. Ningún da oposición traía unha proposta ó respecto.

 Rexeitamento por unanimidade ó proxecto de reforma administrativa 

Tódolos grupos por unanimidade aprobaron apoiar as propostas que se levan a cabo dende a FEGAMP de cara  a negociación co goberno central para que non se implante a lei, tal e como vai no anteproxecto.

Así mesmo, os concelleiros por unanimidade votaron a favor dunha moción consensuada  na que se rexeitaba o terrorismo en xeral e a solidariedade cos cidadáns do concello de Beade en particular.

Rematou o pleno contestando  o alcalde as preguntas e rogos dos membros da oposición, respostas que lle valeron ós concelleiros sendo a máis significativa a pregunta sobre a instalación dunha grande superficie de comercio, tendo como resposta do alcalde que no Concello non había ningunha solicitude ó respecto. A Sra. Lama (PSOE) quedou conforme coa resposta do alcalde.