O Pleno de Xinzo coñeceu hoxe as 20:30 horas a renuncia oficial de Antonio Pérez, como alcalde de Xinzo

130
O Pleno de Xinzo coñeceu hoxe as 20:30 horas a renuncia oficial de Antonio Pérez, como alcalde de Xinzo

De momento, e ata incorporación do nº 10 da lista do PP nas últimas eleccións, a alcaldía estará en mans de López Casas, en función

A Secretaria do pleno deu lectura a carta de renuncia do alcalde que fixo efectiva na Secretaría do Concello na mañá de hoxe.

Agora será a Xunta Electoral será a que mande as credenciais do seguinte da lista Ricardo Sieiro Opazo para conformarse o plenario con 17 concelleiros para elixir ao novo alcalde, que segundo se puxo de manifesto o candidato será o propio López Casas.

128

Ninguén sabía esta tarde no salón de Xinzo as intencións de Sieiro, que nestes momentos se encontra en Alemania, non sabendo a intención do mesmo de voltar e tomar posesión do sillón de concelleiro, ou si polo contrario renunciará e pasará o seguinte da lista.

129

REUNIÓN DE CONCELLEIROS CO PRESIDENTE PROVINCIAL

Mañá as 18:00 trasladarase ata Xinzo o Presidente do PP de Ourense Jose M. Baltar para manter unha reunión cos concelleiros e suponse que cos membros do comité executivo do partido na vila.