A Policía Local de Xinzo, pasa dunha xefatura única dun inspector, a dous oficiais.

Policia Local 1
A Policía Local de Xinzo, pasa dunha xefatura única dun inspector, a dous oficiais.

Simplicio González(Simpli) e Antonio Gómez(Belucho) compartirán a xefatura accidentalmente.

A semana pasada produciuse a xubilación de Germán o inspector que ostentou a xefatura da Policía Local de Xinzo durante máis de 30 anos.

Esta mesma semana o relevo non está noutro xefe, se non en dous oficiais que terán unha xefatura conxunta.

IMG_20210903_104323O 85% dos escritos que entran no Concello, son derivados a Policía Local
Aínda que non o pareza, o 85% dos escritos que os veciños e veciñas, dirixen ao Concello, son derivados a Policía Local, para que se faga o pertinente informe. Isto fai que o traballo administrativo sexa un piar importante na labor diaria da Policía Local. Simplicio González González (Simpli), levará máis a parte administrativa e Antonio Gómez Villarino(Belucho) encargarase do persoal, tanto nas funcións de organización dos servicios como da planificación dos operativos.
Os dous axentes entraron na oposición do 87, pero Belucho ascendeu antes a oficial, co cal corresponderíalle a xefatura, pero ambos optaron por facela conxunta, actuando e firmando cada un deles como Oficiais xefes accidentais.
Praza administrativo derivada a policía local
Na RPT, contémplase a creación da praza de administrativo adscrita a Policía Local, pero nos entendemos que sería mellor un policía local que leve esas labores, posto que si nalgún momento ten que botar unha man en calquera servicio puntual, pódeo facer, e da outra maneira non. Isto xa se contempla na normativa como segunda actividade. Para isto terían que crear outra praza de policía, comenta Belucho.