A Policía Nacional asedia Xinzo na busca dun suposto homicida

Foto 1 Redada
A Policía Nacional asedia Xinzo na busca dun suposto homicida
O sospeitoso foi detido na vila xunto con outras tres persoas, tras unha espectacular operación policial   Este mediodía as forzas...

O sospeitoso foi detido na vila xunto con outras tres persoas, tras unha espectacular operación policial  

Este mediodía as forzas de seguridade do Estado irromperon en Xinzo cun helicóptero, unidades de Operacións Especiais, de Seguridade Cidadá, Policía Xudicial e ata vinte furgóns. Todo un despregue de medios que se centrou no poboado xitano da vila, onde finalmente foron detidas catro persoas. Entre os arrestados na redada, encóntrase o suposto autor dun homicidio na localidade asturiana de Avilés, o pasado mércores 24 de xullo. Aos outros tres acúsaselles de encubrimento e tenencia ilícita de armas. Os axentes incautáronse tamén de escopetas e revólveres así coma de munición.

Tras a morte a balazos dun home en Avilés o pasado mércores, as investigacións da policía derivaron cara Xinzo de Limia.

E tras as detencións, serán os xulgados das dúas vilas os que se encarguen do caso. Polo momento as hipóteses apuntan a que o móbil do crime podería ter sido un axuste de contas.

Na imaxa da esquerda podemos observar fotografías en exclusiva da espectacular operación que deixou sorprendidos a máis de un veciño esta mediodía.