A POLICÍA XUDICIAL E A GUARDIA CIVIL, BUSCAN UN COCHE DE DETERMINADAS CARACTERÍSTICAS

Alcaldes de Baltar....2JPG
A POLICÍA XUDICIAL E A GUARDIA CIVIL, BUSCAN UN COCHE DE DETERMINADAS CARACTERÍSTICAS

Dende onte a tarde hai sospeitas dun coche cunhas características especificas

Dende onte a tarde hai sospeitas dun coche cunhas características especificas que foi visto, e hai algunha foto en varios incendios o longo destes días e precisamente onte tamén. Son demasiadas casualidades en tan pouco tempo.

Na visita do Pte. da Xunta, que esperamos sexa moi pronto, presentarase un plan especial de actuación piloto na comarca da Limia, que esperemos que se estenda a toda a provincia e Galicia. Temos que traballar tódalas administración conxuntamente e cada unha que faga o que ten que facer. ¡Cada palo que aguante su vela!

Iso é o futuro, pero o futuro comeza mañá, o problema é o que pasou. Xa chegamos a unha situación límite, e isto ten que cambiar.

Haberá que facer cumprir dunha vez por todas o famoso decreto dos 100 mts. arredor dos núcleos de poboación das fincas de concentración, explotacións etc. As administración, incluída a municipal, terá que facer cumprir esas normas, porque non estamos dispostos outra vez a pasar pola situación de ver 7 casas coas paredes ardendo no concello de Xinzo, 7 en Cualedro, 4 en Baltar e 3 en Trasmiras, e non poder facer nada porque os medios aéreos houbo que os mandar retirar as 19,30, porque había problemas de colisión por culpa de que o lume non deixaba visibilidade ningunha. Este foi un dos grandes problemas que fixo que este incendio se estendese tanto.

Eu si isto non se ten en valor, si non se poñen medidas de axuda agora e paliativas para o futuro que sirva de xerme na Limia, en Ourense e en Galicia, …eu dende logo aquí non pinto nada.Eu non estou disposto a ver rapaces chorando, xente desesperada e non poder facer nada, ano tras ano.

alcalde baltarNECESIDADE DE COLABORACIÓN CIDADÁ

Temos que concienciar os veciños que esta xente terrorista ecolóxica, hai que denunciala, porque nos pobos todo o mundo se entera destas cousas, pero se cala. Hai que dunha vez por todas denunciar e por en coñecemento das forzas de seguridade, que sempre hai, os datos para poder dar cos incendiarios e acabar dunha vez con esta lacra.

Rematou dicindo Antonio Pérez, que el non é especialista de incendios, pero que casualidade que a gran maioría dos incendios prodúcense a partir das oito e media do serán, loxicamente iso non é un vello fumando un cigarro.

BALTAR O CONCELLO MAIS AFECTADO EN ESPECIES AUTÓCTONAS

Jose A. Feijoó, alcalde de Baltar tomou a palabra a continuación, para reiterar todo o que se dixera, pero para facer un apuntamento específico do seu concello.

En Baltar arderon arredor de 350 Ha, de especies arbóreas autóctonas de entre 15 e 20 anos. A parte da gran perda ecolóxica, vai a significar unha gran perda económica. Tamén apuntou que son moito mais de 3.000 Ha o queimado, porque solo en Baltar hai mais de 1.500 ha.