O polígono contará en breve con banda ancha de internet

290
O polígono contará en breve con banda ancha de internet

O venres as 12 a delegada da Xunta de Galicia en Ourense Marisol Mouteira visitará aos empresarios do polígono Industrial de Xinzo para informarlles do acordo a que chegou a Xunta coa empresa R para a chegada da banda ancha ao polígono.

A reunión cos empresarios será no salón de plenos do Concello e a mesma asistirá o alcalde López Casas.

QUEIXAS DO REXEDOR MUNICIPAL

O alcalde aproveitará esta visita para queixarse ante a delegada da Xunta do retraso con que se leva a documentación para a ampliación do polígono. Xa fai máis de un ano que a solicitude está na mesa de XESTUR, pero parece que non da saído da mesma. E unha grande incoherencia que sendo o único polígono da provincia que está necesitado de solo para a implantación de empresas, esta ampliación non de chegado.

Así mesmo os empresarios tamén aproveitarán a vista para reclamar algunhas outras melloras, entre as que xa manifestaron que estaría a do firme dos viales que está bastante estragado.