O POLÍGONO INDUSTRIAL DE XINZO DE LIMIA XA DISPÓN DE CONEXIÓN A INTERNET ULTRARRÁPIDA GRAZAS AO PLAN DE BANDA LARGA DA XUNTA E O OPERADOR R

080618 Internet polígono Xinzo
O POLÍGONO INDUSTRIAL DE XINZO DE LIMIA XA DISPÓN DE CONEXIÓN A INTERNET ULTRARRÁPIDA GRAZAS AO PLAN DE BANDA LARGA DA XUNTA E O OPERADOR R

O Plan, impulsado pola Amtega, chegará durante 2018 a 4 superficies da provincia tras activar o servizo noutras 7 entre 2016 e 2017

Un total de 17 empresas do parque empresarial de Xinzo de Limia dispoñen xa de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps. Esta conexión é posible grazas a unha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con R.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada polo responsable de R, Jacobo González de los Santos, mantivo esta mañá unha xuntanza informativa cós empresarios deste polígono da comarca limiá co obxectivo de trasladarlles as vantaxes do Plan que supón unha aposta tecnolóxica. Esta reunión celebrouse na Casa do Concello coa presenza do alcalde da vila, Manuel López Casas.

Díaz Mouteira lembrou que grazas a este proxecto, impulsado pola Amtega, o 85% das superficies empresariais ocupadas da provincia ourensá terán acceso a redes de máis de 100 Megas antes do remate do presente ano.

Así, a delegada territorial subliñou que ademais dos negocios do polígono de Xinzo, os de Vilar de Santos, quedará conectado a estas redes ultrarrápidas ao longo de 2018.

AMPLIACIÓN DO POLÍGONO

080618 Banda larga XinzoUnha vez máis o alcalde desta vez esixiu por parte de Xestur máis celeridade na ampliación do polígono de Xinzo. Os empresarios tamen demandaron unha capa de rodadura nos viais que xa están moi deteriorados.

Segundo puido saber dendealimia, onte non era o día adecuado. Onte o único de que se trataba era de vender a conexión da empresa R.

Sobre a solicitude dun local para a asociación en terreos cedidos polo concello, a delegada manifestou que iso non era competencia da Xunta. Que tiñan que ser os propios empresarios.

López Casas manifestou onte pola tarde que xa se puxera en contacto coa Deputación para ver a posibilidade dunha achega de axuda para levar a cabo o local.