O Congreso local celebrado onte na Forxa estiveron Núñez Feijóo, Manuel Baltar e o alcalde de Xinzo
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
A unanimidade e tamén o feito de sela única candidata revalidaron á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez como presidenta do PP local nun acto no que estiveron presentes o presidente do partido en Galicia, Núñez Feijóo, na provincia, Manuel Baltar, o veciño rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, e ata José Luis Baltar. Este último soamente durante uns minutos, e só no recordo dos asistentes, cando Susana Vázquez pediu unha ovación para el por apoiala desde o primeiro día.No seu primeiro discurso como presidenta electa, Susana Vázquez quixo destacar que a nova Xunta Local dos populares conxuga á perfección xuventude con veteranía, con representantes de tódalas aldeas da do municipio. A popular engadiu que o compromiso fundamental para o seu partido en Porqueira será seguir cos éxitos que vimos acadando desde o ano 2003, subindo en todas e cada unha das citas electorais o apoio para o Partido Popular.
Tamén houbo tempo no congreso para tratar sobre as eleccións europeas, e para comprobar unha vez máis que Vázquez Dorado conta con todo o apoio do titular do goberno autonómico que acudiu ata o concello limiao para respaldala. Un apoio que xa se ven demostrando desde 2009 cando a nomeara por designación directa vogal no comité rexional do PPdeG.