Porqueira recibirá a Núñez Feijóo e Baltar este venres no congreso local do PP

IMG-20140409-WA0000
Porqueira recibirá a Núñez Feijóo e Baltar este venres no congreso local do PP
A cita será ás 19 horas no Campo da Feira da Forxa e tamén estará a alcaldesa Susana Vázquez REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Os...

A cita será ás 19 horas no Campo da Feira da Forxa e tamén estará a alcaldesa Susana Vázquez

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Os populares de Porqueira celebran este venres día 11 de abril un congreso local no que estarán presentes, ademais da presidenta do PP no municipio e rexedora do Concello, Susana Vázquez Dorado, o presidente do partido en Galicia Alberto Núñez Feijóo e o máximo responsable provincial, Manuel Baltar.

A cita será no Campo da Feira da Forxa onde militantes e simpatizantes se reunirán arredor das sete da tarde.