O PP DÁLLE A RAZÓN A XINZO ADIANTE

LOGO XA
O PP DÁLLE A RAZÓN A XINZO ADIANTE

APOIA A TOTALIDADE DA SÚA MOCIÓN PARA O MANTEMENTO DO C.M. DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA NO I.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍA

O PP DÁLLE A RAZÓN A XINZO ADIANTE E APOIA A TOTALIDADE DA SÚA MOCIÓN PARA O MANTEMENTO DO C.M. DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA NO I.E.S. CIDADE DE ANTIOQUÍA.

LOGO XAXinzo adiante vén de recibir unha comunicación do Concello de Xinzo de Limia, na que se comunica que a Xunta de Goberno Local \“acorda, por unanimidade dos seus membros, o seguinte:

  1. Tomar razón da citada moción (a que XA presentou para o mantemento dos estudos de Xestión Administrativa) e apoiala nos seus termos.
  2. Remitir á Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia, solicitando que se manteña para o curso 2015/2016 e vindeiros a oferta de Ciclo Medio de Xestión Administrativa que se está a impartir no I.E.S. Cidade de Antioquía, deste Concello de Xinzo de Limia, nas mesmas condicións, ou mellorándoas, conforme se estaba a facer ata agora.
  3. Notificar o presente acordo ó citado organismo, ós concelleiros do grupo municipal \“Xinzo Adiante\” e ó Concelleiro de Cultura, Festexos, Deporte, Xuventude e Educación, para constancia.\” (fin da cita literal da comunicación recibida).

Desde Xinzo Adiante manifestamos a nosa satisfacción polo feito de que o grupo de goberno apoie a nosa moción, posto que, con independencia da diverxencia política, cómpre que todos traballemos unidos a prol do ben común da cidadanía do noso municipio. Como mínimo, os 900 euros que lles custou aos cidadáns a reunión desa \“Xunta de goberno local\” (150 euros por cada un dos cinco edís que a compoñen máis o alcalde) serviron para algo.

Xinzo adiante manifesta, ademais, a súa vontade de seguir traballando para facer do noso concello un lugar onde vivir dignamente, con servizos que cubran as necesidades da poboación en todos os ámbitos.