O PP de Xinzo urxe ao Concello a convocatoria urxente do premio literario Carlos Casares

carteis anos pasados
O PP de Xinzo urxe ao Concello a convocatoria urxente do premio literario Carlos Casares
Aproveitando o confinamento

O Concello de Xinzo de Limia leva anos convocando durante o mes de marzo o Premio Literario Infantil Carlos Casares de Relato Curto. Desde Grupo Municipal Popular pedimos que se saquen o antes posible as bases deste concurso literario 2020, para que a nosa xuventude teña un aliciente máis para levar adiante o día a día do confinamento.

Nais,pais, avoas, avós, ... buscan como motivar a rutina de quedar na casa; sendo este concurso un motivo máis para que a imaxinación das nenas, nenos e adolescentes flúa neste tempo e se plasme nun relato.

Convocatoria que sempre contou coa inestimable colaboración dos centros educativos da nosa vila e coa participación dos da comarca. Que fan chegar ao seu alumnado as bases do concurso. Colaboración en forma de xurado por parte das mestras e mestres de Lingua Galego. Xurado no que tamén formou parte Xavier Casares e os prestixiosos escritores limiáns.