Presentación da feira e o programa de ALIMAGRO 2022
Mañá martes ás 10,30
Mañá pola mañá vai a ser un día moi movido para os temas relacionados coa agricultura.
OFICINA DO REGADÍO DA LIMIA
Ás 09,45 comezarán a xornada coa presentación da que será a oficina do Regadío da Limia.
Estará abicada no edificio do Centro de desenvolvemento Agrogandeiro da Limia. A mesma asistirán o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén
NOVAS SOBRE A PAC
Os agricultores están chamados tamén a unha charla informativa na Casa da Cultura de Xinzo para darlles información sobre as novas sobre a PAC.
PRESENTACIÓN ALIMAGRO 2022

Para ás 10:30 está prevista a presentación da edición 3ª edición da feira ALIMAGRO que como na edición pasada ocupará os stands que quedaron baleiros da feira do comercio, ademais das explanadas do pavillón, a ponte sobre o río e parte da explanada da alameda do toural.