O presidente da Xunta comprométese a incluír o proxecto do regadío da Limia nos orzamentos de 2016

Inauguración museo6
O presidente da Xunta comprométese a incluír o proxecto do regadío da Limia nos orzamentos de 2016

Núñez Feijoo visitou o albergue de peregrinos de Xinzo

O acto de inauguración do Museo de Entroido rematou cunha petición do rexedor de Xinzo ó presidente da Xunta. Antonio Pérez matizou que "teño un encargo para o presidente, teño que pedirlle que se comprometa cos veciños de Xinzo e que se comprometa coa segunda fase do regadío no ano 2016". Petición á que contestou Alberto Núñez Feijoo sinalando que se compromete a incluír o proxecto do regadío da Limia nos orzamentos da Xunta previstos para 2016.

Ambolos dous destacaron que xunto co Entroido a comarca da Limia salienta polo cultivo da pataca e o cereal e agora tamén por ser un punto importante no Camiño de Santiago. Xinzo de Limia ten o albergue a punto para dar aloxamento a 14 persoas. O presidente da Xunta visitou as instalacións en pleno casco vello de Xinzo e sinalou que é unha oportunidade de dinamizar o turismo na zona. Pola súa banda, o alcalde apuntou que é unha ocasión para incrementar a actividade comercial en Xinzo. No que vai de ano o número de peregrinos que recorre a Vía da Prata incrementou un 8%.