viernes. 07.10.2022

A primeira Gala do Deporte de Xinzo premiará aos mellores xogadores e equipos da tempada

O evento celebrarase o 29 de decembro ás 20:00 no pavillón de deportes, con  aforo limitado e necesidade de facer reserva
Cartel gala deporte 2021
Cartel gala deporte 2021

A pandemia non podía levarse por diante este recoñecemento. O Concello de Xinzo de Limia, a través da concellería de Deportes que dirixe Rafa Penabad, Cartel gala deporte 2021organiza este Nadal a primeira Gala do Deporte, na que se porá en valor o esforzo e o talento de diferentes xogadores. Trátase, en definitiva de facer unha homenaxe ás principais figuras das Escolas Deportivas do municipio e, con este fin, un xurado avaliou os resultados alcanzados durante a tempada 2021 polos deportistas locais e os seus equipos.
O pavillón de deportes de Xinzo é o escenario escollido para celebrar esta gala que comezará as 20.00 horas e terá aforo limitado, polo que será necesario realizar as reservas das entradas no enlace que se está a difundir a través das redes socias do Concello: https://forms.gle/AQRMXrRxVjy32mRg8

O concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, explica como xurdiu a idea: “Levábamos tempo pensando en levar a cabo este recoñecemento tan especial e decidimos materializalo este ano, con todas as medidas de seguridade e aforo limitado”.

A primeira Gala do Deporte de Xinzo de Limia será presentada por Patricia Santana e Pablo Ríos e contará coas actuacións do grupo musical En Mala Hora e da cómica Miriam Crespo. Ademais, haberá exhibicións da Escola de Ximnasia do E.D.C. Xinzo e sorteos entre o público asistente.