O primeiro galego do 2021 chámase Antón e é de Xinzo de Limia

2021010108321865599
O primeiro galego do 2021 chámase Antón e é de Xinzo de Limia

Tamén é o primeiro fillo de María e Daniel

Antón naceu pasados tan solo 5 minutos deste novo ano e pesou, segundo informa o propio SERGAS 3,04 Kg.

Antón veu a vida no CHUO e todo percorreu con toda normalidade. Nai e fillo atópanse perfectamente e e seu pai Daniel pudo coller o seu primeiro fillo aos poucos minutos do seu nacemento.

Antón veu a este mundo no seo dunha ampla familia, moi coñecida na vila e neste caso trae un “pan” de 16 semanas de paternidade que poderá disfrutar o seu pai por nacer neste ano 2021.

Dendealimia felicita a María e Daniel, e sobre todo aos avós, que neste día estarán disfrutando de cheo a chegada do ano xa con Antón entre eles.