O primeiro polígono virtual de Galicia podería ter sido para Xinzo

Polígono Virtual de Amoeiro
O primeiro polígono virtual de Galicia podería ter sido para Xinzo
O Concello de Amoeiro presentaba hoxe este proxecto que o consistorio limiao deixou escapar REDACCIÓN Xinzo volveu perder a oportunidade de ser...

O Concello de Amoeiro presentaba hoxe este proxecto que o consistorio limiao deixou escapar

REDACCIÓN

Xinzo volveu perder a oportunidade de ser un concello pioneiro en Galicia. Esta mañá o alcalde de Amoeiro presentaba o primeiro polígono virtual da comunidade, que dará servizos para a súa incursión no mercado global, ás empresas que decidan escoller este municipio como domicilio fiscal. Dendealimia.com intentou que este proxecto se levase a cabo en Xinzo, organizando unha reunión entre o representante da empresa que o fai posible, Cyolet Systems, e o alcalde limiao. Porén, o rexedor aprazou a cita sen día, e o outros foron máis rápidos en conseguilo.

Todos os xornais autonómicos, e outras cabeceiras nacionais coma o ABC ou El Mundo, ademais de varias televisións fixéronse eco da nova, e mostraron o seu interese en entrevistar a todos os involucrados na creación, do que é o primeiro polígono virtual de Galicia. Outra vez será, pero como en tantas outras ocasións, un proxecto que podería ter sido desenvolvido na Limia marcha para outros lares.

Para ver a nova completa en La Voz de Galicia preme aquí.