Hoxe visitaron o Museo do Entroido Galego responsábeis técnicos que levarán a cabo a montaxe da exposición permanente dedicada a Carlos Casares na vila de Xinzo.
No día das Letras Galegas, no seu discurso, no acto institucional, o alcalde de Xinzo Antonio Pérez, anunciou o acordo definitivo entre o Concello e a Fundación Carlos Casares, para que a súa exposición permanente, unha vez que remate o seu periplo por Galicia no mes de decembro en Xinzo, xa quede definitivamente aquí.
Para elo hoxe os técnicos, non solo examinaron as condicións e dimensións do local que a albergará, se non que fixeron un pequeno montaxe para ver como se podería montar ao final.
Achegáronse ata o lugar o alcalde e o concelleiro de Turismo que contestaron a tódalas inquedanzas e necesidades de montaxe que lle suxerían os técnicos.