A prisión tres dos sete detidos por roubos con forza na Limia e norte de Portugal

roubos
A prisión tres dos sete detidos por roubos con forza na Limia e norte de Portugal

A Garda Civil desmantelou unha banda de ladróns que operaba na zona da Limia e o norte de Portugal. A denominada "Operación Tools" estaba liderada por unha organización criminal que cometeu roubos nas localidades de Muiños, Xinzo, Lobeira, Celanova, Calvos de Randín, Pousa e en municipios do país luso.

Os axentes detiveron a sete persoas, 5 delas residentes en Bande e o resto en Ourense. Os ladróns localizaban as vivendas de día e pola noite tras forzar as portas, procedían a apoderarse de bens como licores, ferramentas, escopetas, comprensores, neumáticos ou motores. Chamou a atención dos axentes o roubo dun conxelador con produtos froito da matanza do porco.

Tres dos detidos están xa en prisión, a todos eles impútanselle 49 roubos con forza cometidos dende o 15 de xaneiro.

O material intervido permanece exposto ó público no cuartel da Garda Civil de Xinzo coa intención de que os denunciantes poidan identificar a mercancía e verificar se algunha é da súa propiedade. O horario é de 10h a 13h ata o 31 de agosto.