Os produtores de pataca da Limia falan dunha redución do 25% da colleita deste ano

pataca
Os produtores de pataca da Limia falan dunha redución do 25% da colleita deste ano

O ano 2016 está sendo especialmente complicado para a xente que vive do campo. O primeiro problema chegou coas fortes choivas que caeron na primavera e que incluso asolagaron algúns terreos. Isto provocou que a sementeira da pataca se tivera que retrasar case dous meses pois a maquinaria non podía entrar nos terreos.

O seguinte inconvinte que se presentou foi a seca que se viviu nestes meses de verán. Máis de 60 días sen que caera unha gota de auga e cunhas temperatuas moi altas, o que reduciu o crecemento do tubérculo.

Os produtores temen agora que comece a chover antes de tempo e non poidan entrar a recoller a pataca nalgunhas das fincas. Isto pode acontecer tendo en conta que a recolleita vai atrasada polo menos ata outubro.

Hoxe en día a pataca aínda non cumpriu o seu ciclo vexetativo e os tubérculos son de pequeno tamaño, cando noutros anos por estas datas comezarían a sacarse da terra.

O consolo que lles queda é agardar que o prezo ó que se pague a pataca axude a paliar as perdas da colleita deste ano.