AS PROPOSTAS DE COGAMI PARA FACILITAR A ACCESIBILIDADE

IMG-7210
AS PROPOSTAS DE COGAMI PARA FACILITAR A ACCESIBILIDADE

Hoxe pola mañá, as 13.00 h , o Alcalde de Xinzo de Limia, e o Concelleiro de Urbanismo reuníronse coa asociación COGAMI para a eliminación de barreiras arquitectonicas e aplicar a Lei de accesibilidade. O Concello conta con un estudio elaborado no ano 2006 por un arquitecto especialista e supervisado pola ONCE pero que se escoitará o que propón COGAMI ante os seus bos resultados como institución.

Pola súa banda, COGAMI, presentou un proxecto ao Concello para facer un estudo da Comarca de Xinzo e propoñer plans de execución para acondicionar tanto edificios públicos como rúas ás necesidades máis imperiosas das persoas residentes.

O Concello de Xinzo fara tamén un estudo das zonas os lugares onde é posible acondicionar as beirarrúas e outras barreiras arquitectónicas para que nun coro tempo póidanse arranxar grandes problemas. Para isto tiraranse de fondos propios do Concello e buscarase tamén financiación externa, o alcalde di que "Facer cumplir unha Lei de accesibilidade fai falta financiación" e que dende institucións superiores se delega nos Concellos, pero que fan falta axudas procedentes das mismas.

A Concellería de urbanismo decidiu volver pintar as prazas de aparcadoiro para minusválidos, pois algunhas eran xa pouco visibles, e tamén vai aumentar o número de aparcadoiros reservados.