Protección Civil e Brigada do Concello non deron abasto

32
Protección Civil e Brigada do Concello non deron abasto

Algún tellado levantado e varias carpas de invernadoiros encontráronse lonxe do seu sitio habitual.

Na pasada noite de xoves para venres a central de emerxencias de Galicia a partir das 5 da maña non deixou de reclamar aos membros de protección civil de Xinzo, os cales tiveron que acudir a mais de 14 actuacións. Na maioría das actuacións tiveron que estar acompañados por membros das brigadas do Concello que traballaron a reo para librar as pistas de fungo e algún que outro árbore caído, no que necesitaron motoserras para desfacelos.

cats

Algún tellado levantado e varias carpas de invernadoiros encontráronse lonxe do seu sitio habitual.

GARDA PERMANENTE

Ante a situación de alerta amarela Protección Civil de Xinzo, mantén un reten de 5 persoas de garda as 24 horas, mentres que os outros membros estarán en situación de localización inmediata as 24 horas.

TARDE DE SÁBADO

As choivas seguían e seguen na tarde do sábado, aínda que mais intermitentes. Aínda así na zona do toural hai un asolagamento de auga que fai que os coches teñan que reducir a velocidade para pasar o mesmo.