Patricia F.S
23 de octubre de 2015, 12:08
Dous vehículos e unha carpa de asistencia, iste é o novo material co que conta Protección Civil de Xinzo dende o mércores da man da Xunta de Galicia. O fin é contribuír a reforzar os servizos de atención de emerxencias que prestan as agrupacións de voluntarios.
O acto de entrega produciuse na mañá do mércores e a el asistiron membros de Protección Civil, o concelleiro de medio ambiente e sanidade, Manuel Cabas e o inspector xefe da Policía Local, Germán Bolaño.