Proxecto global no entorno da Moreira

34
Proxecto global no entorno da Moreira

A inversión a realizar será de 350.000 €.

O concello ten encima da mesa o convenio para asinar en días coa Secretaría Xeral para o Deporte, que aporta 67.000 €, coa Deputación Provincial que achega a cantidade de 150.000 € e o propio concello con fondos propios que porá 133.000 €, para afrontar a inversión total que leva consigo varias actuacións arredor do complexo da Moreira, pero que inclúe, ademais da senda peonil, actuacións de rodadura en varias pistas do entorno.

PISTA DO TABO E AVENIDA DO RÍO

Ademais da pista peonil e estrada que leva ao complexo da Moreira, tamén se farán actuacións na pista que se denomina do Tabo e do anaco que une esta ca ponte do final da Sitibal, co que esa zona quedará totalmente rematada.

CINCO MESES A PARTIR DA ADXUDICACIÓN

Nos vindeiros días firmarase o convenio económico do proxecto e espérase que en 2 meses se poida levar a cabo todo o proceso de contratación e adxudicación, por parte do concello, para a execución integral do proxecto. Unha vez adxudicada, a empresa terá un prazo de 5 meses para execución da mesma. Elvira Lama e o concelleiro da área Ramón Gómez, esperan que todo poida estar rematado para fin de ano, ou como moito nos primeiros dous meses do 22.

Ademais da mellora de todas as pistas que circundan a Moreira, tamén se levará a cabo a mellora do aparcamento.

Nos parece que conectar o Barrio de Abaixo coas instalacións deportivas é fundamental e primordial (Elvira Lama)

Non solo eso, tamén se adecentará unha zona, que neste momento está moi machacada polo desvío do tráfico polas obras que se están a levar a cabo na pista Sitibal.

O proxecto, para os veciños é moi importante, sobre todo para os do entorno que están facendo peticións nestes últimos meses e que agora xa vai a ser unha realidade.(Moncho, concelleiro de Urbanismo e mobilidade)

OS VECIÑOS DA MOREIRA ESTARÁN A ESPECTATIVA

O presidente da asociación de veciños da Moreira, que nestes meses teñen tido reunións tanto co concelleiro como coa alcaldesa, manifesta que é unha satisfacción saber que as nosas reivindicacións van a ser realizadas. Non dubidamos, agora, de que este proxecto vai a ir adiante, aínda que ata este momento éramos bastante incrédulos ao respecto. Felicitamos ao goberno local polo conseguido e estaremos espectantes.