Proxecto de humanización da N-525

236
Proxecto de humanización da N-525

As principais actuacións serán a ampliación do espazo do paseo peonil con creación de zonas de estancia, maior seguridade para o peón, creación de carril ciclista, e racionalización do tráfico.

As obras consisten na mellora da urbanización da contorna da N-525 ao seu paso por Xinzo, tratando por unha banda de separar o tráfico rodado da estrada das zonas destinadas ao uso peonil e ao estacionamento de vehículos, así como a dotación de servizos situados nas marxes e que con motivo das obras e dada a súa antigüidade, necesitan ser renovados.

As principais actuacións serán a ampliación do espazo do paseo peonil con creación de zonas de estancia, maior seguridade para o peón, creación de carril ciclista, e racionalización do tráfico.

235
Así quedará a rotonda do Gadis

Procederase tamén a soterrar a liña de iluminación pública, retranquearanse as luminarias e semáforos existentes, adaptándoos á nova aliñación das beirarrúas, que gañarán anchura permitindo o paso cómodo e seguro dos peóns.

O Ministerio de Transportes construirá dúas glorietas e ma zona do Pombal e da Praza Maior crearase unha plataforma elevada ao mesmo nivel das beirarrúas, para priorizar os tráficos peonís. Tamén se sobreelevarán dous pasos de peóns, dous pasos ciclistas e dispoñerase un atenuador de velocidade sobreelevado.

Habilitaranse zonas axardinadas para separar a zona peonil do tráfico rodado e as circulacións peonís e ciclistas.

Entrada a vila dende a estrada de Celanova

O obxectivo deste proxecto é potenciar o núcleo de Xinzo de Limia, e que sirva como área de unión e desenvolvemento de actividades de lecer e racionalización do tráfico urbano de maneira sostible e accesible para todos, fomentando o desprazamento peonil e a mobilidade alternativa ciclista, como parte cotiá, diaria e sostible, máis segura e atractiva, evitando o uso do vehículo particular para pequenos movementos dentro do propio núcleo de poboación de Xinzo de Limia e axudando a integrar a bicicleta como parte importante dos desprazamentos.