O PSOE non se conforma coa exculpación do alcalde de Baltar

Alcalde Baltar
O PSOE non se conforma coa exculpación do alcalde de Baltar
A organización á que pertencen tres dos supostos ameazados por José Antonio Feijóo decidiu recorrer a sentenza  REDACCIÓN O PSOE non se...

A organización á que pertencen tres dos supostos ameazados por José Antonio Feijóo decidiu recorrer a sentenza

 REDACCIÓN

O PSOE non se conforma co ditaminado o pasado mes pola xuíz do Penal. Desde esta organización non aceptan que José Antonio Feijóo, líder do consistorio de Baltar, fose absolto do suposto delito de ameazas a catro veciños do municipio, tres deles membros do partido socialista.

Desta forma, a acusación pide para Feijóo ata 24 anos de cadea por catro delitos de coacción, outros tantos de ameazas e un de malversación. Segundo asegura o letrado líder da apelación, ademais de presionalos para que non existise outra candidatura no Concello que non fose a súa, o líder popular tería empregado un coche oficial na persecución dunha posible candidata do PSOE.

Os denunciantes fundamentan o seu recurso, en que tódalas testemuñas empregadas pola defensa estaban en algún grao relacionadas co acusado, ben por vínculos de amizade ou traballo, polo que consideran os seus relatos “parciais”. Amén de que durante o proceso, o alcalde limiao non negou ningún detalle dos feitos.

O futuro de José Antonio Feijóo está agora en mans da Audiencia, que será quen decida primeiro se tomar en conta dita apelación, e se encontra ao popular inocente ou non dos cargos que se lle imputan.