PSOE:"Respostas sucintas a preguntas directas"

2
PSOE:"Respostas sucintas a preguntas directas"
A reunión de voceiros celebrada onte no consistorio limiao non contou ca presenza de Antonio Pérez, senón que foi López...

A reunión de voceiros celebrada onte no consistorio limiao non contou ca presenza de Antonio Pérez, senón que foi López Casas que a liderou

REDACCIÓN

"O ordenador do secretario foi precintado pola Policía Local para comprobar documentación". Pouca máis información que esta foi a que conseguiron coñecer os representantes do diferentes grupos políticos con representación política no Concello de Xinzo. A reunión de voceiros celebrada onte e solicitada por Elvira Lama, a líder do grupo socialista foi en palabras da propia edil: "sucinta e rápida". A representante no PSOE na vila asegurou que o voceiro do grupo popular, Manuel López Casas, que foi quen dirixiu a reunión, na que non contou coa presenza do alcalde, limitouse a contestar laconicamente as preguntas realizadas pola oposición.

Poucas preguntas e poucas respostas. Do aclarado por López Casas coñécese que o ordenador do secretario municipal fora precintado o pasado 18 de novembro pola Policía Municipal co fin de facer unha serie de comprobacións, que existe unha copia de seguridade deste contido, custodiada tamén por este corpo de seguridade e que este funcionario continúa desempeñando o seu traballo con normalidade.