O PSOE de Xinzo pide o Alcalde que determine que IBI deben pagar os propietarios de solo urbanizable

O PSOE de Xinzo pide o Alcalde que determine que IBI deben pagar os propietarios de solo urbanizable
Os socialistas de Xinzo queren saber que tipo de IBI teñen que pagar os propietarios de solo clasificado como urbano...

Os socialistas de Xinzo queren saber que tipo de IBI teñen que pagar os propietarios de solo clasificado como urbano pero que están en areas de reparto pendentes de desenvolvemento

Pídenlle o Alcalde información dos técnicos municipais sobre os efectos da sentenza do Supremo, que di que os terreos urbanizables son rústicos, si para o desenvolvemento precisan de Plans Parciais, e non contan con servizos.

Elvira Lama, portavoz do Grupo Municipal Socialista pídelle o alcalde de Xinzo que informe, segundo criterio dos técnicos de urbanismo, dos efectos que terá a sentenza do Tribunal Supremo, de 30 de maio de 2014, na que ditamina que “é rustico a efectos catastrais, aquel terreo urbanizable que esixa para o seu desenvolvemento plans parciais ou de execución, e polo tanto non ten a consideración de solo urbano”.

“Na actualidade Xinzo conta con tres areas de reparto que precisarían de Plans parciais para o seu desenvolvemento, e nas que os propietarios están a pagar un IBI que non lles corresponde, tras o pronunciamento do Tribunal Supremo, polo tanto o Concello ten que clarificar si estes propietarios están ou non soportando un IBI que non terían que abonar polas propiedades que aínda sendo urbanizables, hoxe non o son” di Lama.

Unha vez que se pronuncien os técnicos de urbanismo haberá que saber que propietarios están afectados polo cobro indebido do IBI, e si corresponde, facer reclamacións polas referencias catastrais.

O Grupo Municipal Socialista, lembra que as taxas do IBI en Xinzo, levan subindo tódolos anos, a seguirao facendo debido o plan de axuste que ten o Concello de Xinzo ata o ano 2032.

Unha carga que para moitos propietarios de terreos sen obrar resulta insoportable, e mais nos momentos de parálise total na construción, nos que nos se atisba visos de cambio.