O PTE. DA XUNTA VISITARÁ A LIMIA DEVASTADA POLOS INCENDIOS

16
O PTE. DA XUNTA VISITARÁ A LIMIA DEVASTADA POLOS INCENDIOS

As 10 de mañá venres fará un percorrido polos concellos afectados polos incendios

As 10 da mañá de mañá venres fará un percorrido polos concellos afectados polos incendios

Hoxe o Pte. da Xunta confirmou os alcaldes de Baltar, Cualedro, Trasmiras e Xinzo a súa visita a partir das dez de mañá venres.

Xunto co alcalde de Xinzo Antonio Pérez e os mandatarios dos outros tres concellos, fará un percorrido que o levará ata o alto da serra do Larouco, dende onde se poden divisar os danos causados polos incendios dos últimos días. Unha vez rematada a visita está previsto a firma dun documento, do que aínda non transcendeu nada.

OUROS CONATOS DE INCENDIOS ESTA TARDE EN FARAMONTAOS.

As 16 horas saltaba a primeira alarma de incendio no concello de Xinzo, no pobo de Baronzas, para media hora mais tarde outra en Faramontaus. Pero esta non sería a última posto que fai tan solo uns minutos sabemos que o alcalde foi requirido outra vez na zona de Faramontaos, sen que neste momento se saiba o alcance do mesmo. O que está claro, e que parece que os incendiarios queren que o pouco que quedo usen arder, non se manteña intacto.

1INFORME DE DANOS PROVOCADOS POLO INCENDIO DO DIA 30 NO CONCELLO DE XINZO.

Os técnicos do Concello de Xinzo, fixeron un estudo previo dos danos causados polo devastador incendio do domingo.

Os pobos afectados foron os de Gudín, Mosteiro de Gudín, Novás, As Queirugás, Cabreiro, Faramontaos e Seoane.

O lume afectou a varios cerramentos e sotos de vivendas,o cadro de contadores e subministro eléctrico de Gudín, así como a cuberta da estación potabilizadora de auga da presa de Gudín.

900 HECTÁREAS APROX..

10Ha. Soamente de millo sementado mais outras 60 dedicadas a restrebe. De pastoreo os cálculos apuntan a outras 60, co cal o gando sobre todo ovino quedo usen pastos. De lameiros cóntanse outras 10Ha. Outra das perdas importantes refírese a rolos de alpacas e montóns de entre 800 e 600 en As Queirugás E Gudín.

17GUDÍN O POBO MÁIS AFECTADO.

Solo en Gudín arderon 140 Ha de monte en man común que valorados os pinos para corte terían un valor duns 60.000 €. Tamén se contabilizan outras 150 Ha de Piñeiro común de menos de 5 anos e piñeiros Oregón de entre 4-5 anos.

Tamén quedou calcinado un colmear de 20 unidades no pobo de Novás.

Nos termos de Faramontaos e Seoane a superficie de monte queimado achégase as 300 Ha.

Pero como reflicte o informe inicial a perda moi importante é no tocante o Medio Ambiente. Solo basta dar unha volta polos pobos para ver unha paisaxe desoladora arrasando zona de arboreda así como a afectación a animais como coellos, perdices, xabarís etc.

Outro dos apartados que se reflicten no informe son os danos no mobiliario tanto urbano particular, como urbano público no que destacan as señais de tráfico e o cableado tanto eléctrico como telefónico, rematando polos cerramentos das fincas cuxos danos son moi cuantiosos.