A reactivación de ProLimia vai ter que esperar

índice
A reactivación de ProLimia vai ter que esperar
Pendentes doutra convocatoria electoral para febreiro

Na tarde noite do venres estaba convocada unha reunión de comerciantes e hostaleiros da vila e comarca para ver de relanzar a asociación ProLimia que nacera fai pouco máis de dous anos e que actualmente está inactiva.

Polo que se puido ver na xuntanza onde se convocaron ao todos os socios que tiña ProLimia e a novos comerciantes o único acordo que tomou, foi convocar eleccións para que se presenten candidatos a facerse cargo da Asociación de comerciantes e industriais.

En principio a convocatoria farase a partir do luns 20 para facer as votacións para elixir aos candidatos que dean un paso a fronte na segunda semana de febreiro.

NINGÚN REPRESENTANTE DA HOSTALARÍA NIN DE PROLIMIA

Si facemos caso a presenza de representantes da hostalaría, parece ser que o interese pola asociación é a primeira vista, escaso.

Tampouco asistiron ningún dos membros da directiva de ProLimia que por certo non deu xustificado a subvención concedida polo Concello no ano pasado en tempo e forma co cal perderon de recibir 3.000 €.