O recén creado Consello Escolar Municipal de Xinzo reunirase este mércores por primeira vez

IES-Cidade-de-Antioquia
O recén creado Consello Escolar Municipal de Xinzo reunirase este mércores por primeira vez

A idea deste primeiro encontro é aprobar as bases de funcionamento do Consello Escolar Municipal.

Este mércores 29 de novembro, ás 9:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia, celebrarase o primeiro Consello Escolar Municipal de Xinzo de Limia.

A idea deste primeiro encontro é aprobar as bases de funcionamento do Consello Escolar Municipal.

Foron convidados a formar parte do mesmo o Inspector de Educación; os directores dos CEIPs, IES, Conservatorio de Música e Escola de Gaitas; todas as AMPAS; alumnado dos IES e do Conservatorio de Música; o Xefe da Policía Local así como técnicos municipais de deportes, servizos sociais e xuventude. Por parte do grupo de goberno asistirán o Alcalde, a concelleira de Servizos Sociais e o concelleiro de Deportes, Educación e Xuventude da capital da Limia.

A idea deste primeiro encontro é aprobar as bases de funcionamento do Consello Escolar Municipal para, dende este mesmo momento, aportar as ideas e as solucións necesarias para mellorar o ámbito educativo do concello de Xinzo de Limia.