Rede "Paraugas do Alzhéimer"

IMG_20191009_094149[28]
Rede "Paraugas do Alzhéimer"
Novo servicio dos Servicizos Sociais de Xinzo

Elvira Lama e Alberto Martínez presentaron en rolda de prensa este novo e inovador servizo, de axuda a familiares coidadores de persoas que padecen enfermedades dexenerativas mentais.

O concello de Xinzo acaba de chegar a un acordo con AFAOR (Asociación de familiares de enfermos Alzhéimer de Ourense) e FAGAL (Federación Alzhéimer de Galicia) coa axuda da Fundación Barrie, para a posta en marcha deste novo servizo consistente nunha rede de axuda mutua entre familiares, coidadores e coidadoras, de enfermos tanto de alzhéimer como de demencia.

Elvira Lama comezou a súa comparecencia ante os medios manifestando que todos sabemos que estas dúas patoloxías abundan por desgraza nestes tempos afectando non so a persoas de avanzada idade se non cada vez a persoas máis novas. Todos sabemos tamén, o difícil que é para os familiares detectar estas dúas patoloxías a tempo, e unha vez detectadas os esforzos por parte dos coidadores, cando estes coidados se levan a cabo na casa para poder manterse intactos psicoloxicamente e anímicamente. Esta situación é difícil de asumir e xestionar tanto polos pacientes como dos familiares directos, non sabendo moitas veces o que facer, chegando a deteriorar a relación familiar.

Estes familiares necesitan compartir vivencias necesitan información, respiro familiar, e aprender a enfrontarse a tan delicada xestión.

Como decía anteriormente a difícil detección destas enfermedades fai que sempre se tarde en acudir aos facultativos correspondentes.

Pois para axudar a todos os coidadores e coidadoras ponse en marcha este servizo que denominamos Paraugas do Alzhéimer.

COMEZO DO PROGRAMA O 23 DE OUTUBRO

IMG_20191009_094106[24]Para explicar polo miúdo as características do programa e o seu funcionamento tomou a palabra o concelleiro de Servizos Sociais Alberto Martínez dando como datas de inicio o 23 de outubro e ata o mes de xuño.
O funcionamento do mesmo será o seguinte:
.- O día 23 a tarde reuniranse todos aqueles familiares que queiran participar no proxecto. Daráselle un curso de 3 horas explicando a metodoloxía do mesmo.
.- Con aquelas persoas que queiran participar faranse grupos de 6 como máximo, que se reunirán, en principio, un día para unha sesión de 6 horas e a partir de ahí, 3 horas ao mes. Se fose vontade dos participantes facelo máis veces non habería problema.

.- A asistencia e participación nos grupos e totalmente gratuíta e voluntaria.

.- En todas estas reunións de grupos haberá persoal especializado de AFAOR, aínda que o importante serán as interrelacións de comunicación entre os membros para conquerir unha mútua axuda.

OBXECTIVOS A CURTO PRAZO

Prestar asistencia psicolóxica e social aos familiares e persoas que están levando a asistencia

Prestar asesoramento legal, social, e incluso de saúde.

Elaborar programas de adestramento e habilidades para sobreelevala.

Crear os grupos de axuda mutua.

En resumen este Paraugas do Alzhéimer será “o lugar” para que os coidadores e coidadoras, poidan expoñer a súa problemática, tanto común como particular, e a vez, se é vontade de cada un deles, ensinar aos demais, para entre todos axudarse mutuamente transmitindo e compartindo as súas experiencias e vivencias.

Rematou a rolda de prensa dando os datos que que no noso concello nestes momentos hai entre 12 e 15 persoas con alzhéimer e 30 persoas con deterioro cognitivo, que están a ser atendidas directamente polos servizos sociais. Así mesmo anunciou que unha vez que pase este período de tempo, a proposta da asociación e continuar o ano que ven todo o ano, afirmando Elvira Lama, que o custe deste programa para o concello é totalmente asumible.