Os agasallos do comercio xa teñen adxudicatarios

IMG_4826
Os agasallos do comercio xa teñen adxudicatarios

Mercedes Rodríguez e Carmen Moreira foron as agraciadas polos viaxes

Aos representantes da hostalaría da vila tocoulles abrir o acto de sorteo de agasallos de ProLimia para a campaña de Nadal.

Unha man inocente rescatou da furna a papeleta co nome de Mercedes Rodríguez a quen todo o mundo recoñeceu nada mais soar o seu nome, e en menos de tres minutos sorteo 1

xa estaba no lugar do sorteo para recibir o seu \“prezado\” agasallo que non era nin mais nin menos que un fin de semana en París.

Despois da entrega efectiva, aínda tivo que pararse e centrarse na lectura , posto que aínda non o cría.

OUTRA VIAXE E MAIS COUSAS

Media hora mais tarde tocoulle a aos comerciantes sortear os agasallos, que eran moitos e a vez golosos. Unha representante do comercio e de ProLimia agradeceu a tódolos estabelecementos e empresas que se implicaron directamente na campaña e por suposto aos clientes, moitos, tal e como se podía comprobar na furna.

Dous pequenos foron os encargados de ir sacando as papeletas unha a unha e adxudicando os agasallos. Ye Carrera foi a primeira afortunada cunha cámara de acción e Pablo Conde cun televisor. O portátil foi a parar as mans de Olimpia de José e a cámara fotográfica réflex para Elisa Rodríguez. Por último, o premio maior deste apartado, o fin de semana nunha capital europea foi para Carmen Moreira.

Todos os agraciados deberán pasar polos establecementos onde lles entregaron a papeleta a recoller o seu premio.

sorteo 2