5 de enero de 2017, 23:28
Os pequenos e pequenas aproveitaron a súa última oportunidade para recordarlle ás súas Maxestades as peticións. Que esta noite todas se fagan realidade.
LIMIALANDIA CONTINÚA ABERTA
Limialandia permanecerá aberto tanto mañá como pasado. Segundo nos comunican dende a Concellería de Cultura, debido ao éxito de público infantil que pasou estes días polo recinto –e ante a petición de moitos pais e nais– o "parque de atraccións" instalado no Pazo dos Deportes permanecerá aberto até o sábado, día en que pechará as súas portas ata o ano que vén.