Os Reis traerán a apertura do albergue de peregrinos de Xinzo

el-albergue-de-xinzo-de-limia-sigue-cerrado-casi-un-ano-despues_180
Os Reis traerán a apertura do albergue de peregrinos de Xinzo

Segundo o tenente de alcalde López Casas, "a súa apertura é inmediata".

A Concellería de Obras que o Casas dirixe está a pór a punto o edificio inaugurado hai un ano, pero aínda falto de suministros de enerxía e auga.

López Casas indica que o Concello cederá –como estaba previsto– o edificio á empresa do Xacobeo para a súa explotación.

Esta sociedade acaba de cederlle á súa vez a xestión de tódolos albergues a unha empresa especializada. Os responsables desta empresa achegáronse o pasado día 14 a Xinzo para mirar as instalacións e tomar nota das necesidades, tanto de persoal como de equipamentos.

"O que se fará nas próximas semanas serán os boletins para o subministro da auga, gas e electricidade", conclúe López Casas.

O albergue de peregrinos construiuse a partir da adaptación de tres casas da Rúa Serra San Mamede número 2. Esta rehabilitación levouse a cabo polo Concello de Xinzo de Limia, quen contou cunha subvención para tal fin. Aínda que as obras remataron hai xa un ano, a cesión do edificio vense demorando, á espera de que se faga cargo del o Xacobeo, e os peregrinos que se acercan á zona son desviados ás instalacións que se encontran situadas en Sandiás e Vila de Rei, esta última no concello de Trasmiras.