Rematou o culebrón xudicial do Mesón Os Arcos de Xinzo

bar arcos
Rematou o culebrón xudicial do Mesón Os Arcos de Xinzo

O propietario deberá presentar un proxecto de rehabilitación do edificio.Este pode ser o último entroido que esté pechado

Dende que o 14 de outubro de 2014 o Concello ordenara o desaloxo do local por ruína técnica parcial, houbo un rosario de actuacións xudiciais dos propietario, primeiro contra o Alcalde e o Arquitecto Municipal, persoalmente, e logo no xulgado Contencioso-administrativo, que agora ven de ditar sentenza.


NIN O CONCELLO NIN O ARQUITECTO ACTUARON DE MANEIRA DESMESURADA
arcosNun dos apartados da sentenza o xuíz di no punto nove da mesma que o Concello de Xinzo obrou correctamente ao ordenar un apeo, ademais do desaloxo e clausura da actividade. Foi unha actuación racional e proporcionada por razón de seguridade, ante o risco evidente, que poría en perigo ós viandantes e ós propios ocupantes do inmoble.
Tamén a sentenza fai referencia a actuación do arquitecto municipal Manuel Vidal, do que di, recoñecer o desempeño da súa función afirmando que a vista das actuacións, considéranse improcedente s, así como inxustificadas as descalcificacións realizadas na demanda.


DOUS MESES PARA PRESENTAR UN PROXECTO DE REHABILITACIÓN
Non obstante o xuíz, obriga o Concello a conceder un prazo de dous meses para que os propietarios presenten un proxecto de rehabilitación do inmoble nos seus elementos comúns deteriorados , coa correspondente solicitude de licenza de obras e a súa tramitación , para unha posterior apertura do negocio.


O GOBERNO MUNICIPAL ESTÁ SATISFEITO
Segundo informa o diario La Región, o goberno municipal acolleu esta sentenza con satisfacción, posto que desta maneira quedou claro que a súa actuación, foi a correcta en todo momento, velando pola seguridade de tódolos veciños que por alo pasaban.