A renovación da Torre de Pena custará 130.000 € en total

DSC05420
A renovación da Torre de Pena custará 130.000 € en total

O obxectivo da concellería de Cultura de Xinzo é crear unas infraestruturas turísticas, polo de agora inexistentes no municipio

A Xunta de Galicia inverterá na Torre de Pena uns 30.000 € na primeira fase do proxecto presentado polo Concelleiro de Cultura de Xinzo, Carlos Gómez. O importe total ascenderá a 130 000 € co obxectivo de por en valor esta Fortaleza para poder visitala.

A primeira parte do presuposto estará destinada a limpeza perimetral das murallas da Fortaleza e a realización das catas arquelóxicas, necesarias para as actuacións previstas con posterioridade. Unha vez finalizada esta fase, procederase a consolidación dos lenzos da muralla do Castelo e para isto será preciso o desmonte e montaxe, utilizando o mesmo material e as técnicas orixinais.

A seguinte fase será reconstruír a desaparecida porta de entrada para dotar a Torre de unha seguridade fronte a posibles agresións. Esta fase finalizará cunha limpeza xeral do recinto, acondicionando o xardín e accesos. Por ultimo, realizarase a construción do acceso a Torre do Homenaxe dotándoa de escaleiras, tanto do exterior como as que comunican os tres pisos no interior, e repondo a porta da entrada.

A Torre de Pena, o Museo do Entroido, o Albergue de Peregrinos e a Torre do Guardian do Monasterio de Trandeiras son o obxectivo turístico perseguido pola concellería de cultura e turismo para crear unhas infraestruturas turísticas inexistentes polo de agora no municipio.