Representantes de ADEGAL acoden ao 1º Foro do Polígono Virtual de Galicia
A voceira e outro dos membros da directiva fixaron co xerente unha próxima reunión en Xinzo para informar aos socios as vantaxes de pertencer a esta unión de empresarios
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
Unha representación da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia formada pola voceira Laura Rodríguez e José Antonio Gamallo, acudiu onte ao Primeiro Foro do Polígono Virtual de Galicia. Un acto que reuniu a diferentes personalidades dos ámbitos empresarial, sindical e académico para discutir, entre outros temas, tódalas vantaxes da virtualización nas empresas.
Ao finalizar o foro, os representantes de ADEGAL acordaron a celebración dunha xuntanza en Xinzo de Limia co xerente do PVG, Xosé González para que este lles explique aos socios en que consiste este proxecto e tódalas vantaxes de unirse a el.