sábado. 30.09.2023

Na sala de xuntas do centro de Saude  reuníronse a coordinadora do mesmo Cristina Margusino e persoal do centro coa alcaldesa de Xinzo Elvira Lama que estaba acompañada do concelleiro de Sanidade Alberto Martínez.

O obxectivo da alcaldesa  era  escoitar de primeira man as necesidades do centro. Aquelas que sexan competencia do Concello tratarase de solucionalas,  e as que dependan da Xunta, tomou nota para dende o propio Concello facer xestións coa Consellería correspondente para poder solucionalas.