Reuniuse en Ourense a Comisión de seguimento dos regadios da Limia

220307_MR_Regadios Limia II
Reuniuse en Ourense a Comisión de seguimento dos regadios da Limia

A Xunta e o Estado investirán 36 m€ para potenciar o agro na Limia de xeito sustentable grazas ás xestións do Goberno Galego

Destes fondos, 16 millóns servirán para modernizar o regadío, outros catro -aportados pola Xunta- serán para a construción de 42 pozos e os 16 restantes foron xestionados polo Goberno galego ante Madrid para a limpeza das canles e dos camiños paralelos.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presidiu hoxe a xuntanza da Comisión de seguimento de regadíos da Limia, na que se abordaron os avances na xestión sustentable da actividade agrogandeira nesta comarca. No encontro, que tivo lugar na Delegación territorial, participaron -ademais dos representantes da Xunta-, responsables das comunidades de regantes, técnicos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, representantes dos gandeiros da zona, alcaldes e responsables das empresas encargadas das obras. Nesta reunión, o conselleiro puxo en valor os 36 millóns de euros de investimento conxunto Xunta-Estado para esta bisbarra. Unha achega que -sinalou- “conseguimos para potenciar de forma sustentable o sector agrario da comarca”.