Revocada a autorización para visitas ás residencias de maiores

IMG_20200517_132312
Revocada a autorización para visitas ás residencias de maiores

A Xunta, que xa anunciara as condicións que tiñan que cumprir, queda pendente dunha nova orde do Goberno

A Xunta de Galicia anunciara nesta semana as condicións que tiñan que cumprir as residencias de maiores no tocante a non ter infectados nos últimos 15 días, para poder abrir as residencias a visitas de un familiar, previa cita, tendo agora que recuar ante a NON autorización por parte do Ministerio de Sanidade.

O Presidente da Xunta espera que como ocorreu noutras ocasións o Goberno Central rectifique e comece a autorizar as visitas, con condicións.

APERTURAS DE COMERCIOS DE MÁIS DE 400 Mt. E REBAIXAS

O Presidente galego anunciou que a partir de mañá luns están permitidas as aperturas dos comercios de máis de 400 mt, así como por rebaixas nas propias tendas, sempre e cando poidan atender a xente coas normas de seguridade vixentes.