Rexenera Limia avanza na redución de nutrientes de orixe agraria que se verten ó río

rexenera 3
Rexenera Limia avanza na redución de nutrientes de orixe agraria que se verten ó río

Comezaron os controis de xestión de fertilizantes e abonos nos solos agrarios

O INORDE dá un paso máis na implantación dun sistema de control integrado para a xestión de fertilizantes e abonos en solos agrarios. Isto enmarcado no proxecto Rexenera Limia, trata de mellorar as explotacións e que o non se faga un uso abusivo de abonos ó tempo que se impide que estes contaminen o medio ambiente.

O responsable do INORDE en Xinzo, Servando Álvarez, sinalou que están elaborando unha aplicación de internete para que os agricultores que se dean de alta, teñan información sobre o estado das súas parcelas. Desta maneira poderán acceder ós datos extraídos das análises que efectúen os técnicos. Os agricultores poderán obter datos sobre os nutrientes que ten a súa terra e os profesionais poderán detectar as malas prácticas que se fagan nos terreos, no caso de producirse. Ó mesmo tempo os traballadores das parcelas recibirán información acerca de que abonos son máis recomendables e en que época é mellor usalos.

Sobre estes avances falouse nunha xuntanza que tivo lugar na tarde do xoves na sede do INORDE en Xinzo. A ela acudiron agricutores da zona e algúns alcaldes da Limia, co fin de informarse sobre os traballos que se están a desenvolver e tamén consutar dúbidas cos expertos.

rexenra

Toda esta labor encamiñada a diminuír os riscos de contaminación dos terreos e das augas da Limia. Este é un dos obxectivos principais que se plantea o Rexenera Limia.

Nesta liña estanse levando outras moitas actuacións como a de recuperación da zona das areeiras. Neste senso comezaron as labores de desbroce da zona para proseguir co plan de conectar as charcas areeiras e facer unha conexión hidráulica co canal de Antela. Estes traballos que levará a cabo a Consellería de Medio Ambiente tamén contemplan a implantación de illas flotantes con macrófitos que mellores a absorción de nutrientes.