3 de abril de 2018, 23:39
De non cambiar as previsións, o próximo luns Ricardo Sieiro tomará posesión como concelleiro de Xinzo en substitución de Antonio Pérez.
Segundo nos comunican, esta mañá recolleu a súa credencial nas dependencias da Secretaría do Concello, e o único que manifestou, foi a súa intención de tomar posesión como concelleiro.
Desta maneira afástanse os rumores que durante estes días corrían por Xinzo sobre as súas intencións con respecto a decisión de si se incorporaría como concelleiro ou renunciaría a súa credencial, unha vez que fai dous anos que se atopa fora da vila por motivos laborais.